"La matemática es la ciencia del orden y la medida, de bellas cadenas de razonamientos, todos sencillos y fáciles." (René Descartes)
"Para investigar la verdad es preciso dudar, en cuanto sea posible, de todas las cosas." (René Descartes)









sábado, 10 de marzo de 2012

Os camelos do xeque.


Un xeque árabe deixou en herdanza 17 camelos para os seus tres fillos, para repartir do seguinte modo: a metade para o maior dos tres fillos, a terceira parte para o mediano e a novena parte para o máis pequeno dos tres. Ante a imposibilidade de facer o reparto dos camelos (1) acudiron ao Cadí que era un home xusto, xeneroso e un bo matemático.
O Cadí regaloulles un camelo da súa propiedade, desta forma eran 18 o total de camelos a repartir. Unha vez feito o reparto sobrou un (2) que naturalmente devolveron ao Cadí cheos de agradecemento e admiración pola súa sabedoría.
(1) Por que non puideron realizar o reparto?
(2) Comproba que desta forma puideron realizar o reparto sobrando o camelo do Cadí.
Cantos camelos lles tocou a cada hirmán?
Atopa unha explicación ao sucedido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario