"La matemática es la ciencia del orden y la medida, de bellas cadenas de razonamientos, todos sencillos y fáciles." (René Descartes)
"Para investigar la verdad es preciso dudar, en cuanto sea posible, de todas las cosas." (René Descartes)









sábado, 10 de marzo de 2012

As tres fillas do matemático.

Dous empedernidos matemáticos atópanse na rúa logo de moitos anos sen coincidir.

- Ola!, que tal?
- Casache?
- ...
- ...
- Cantos fillos tes?
- Pois teño tres fillas.
- E que anos teñen?
- A ver se o adiviñas! O produto das idades das tres é 36, e a súa suma é o número do portal da casa de enfronte...

Despois de meditar un intre dubida, e responde:
- Fáltame un dato!
- Ah, si!, a maior toca o piano!
- Xa sei que idades teñen.

Pista: Descompón en factores 36 e pescuda cantos anos pode ter cada filla.
Que idades terán as tres fillas?

No hay comentarios:

Publicar un comentario